El Banyan Rojo: gore das Mil e unha noites

banyan_total.jpg

Carlos Vermut vendeu como roscas El Banyan Rojo no último Saló do Cómic de Barcelona. E non é para menos. Este álbum de 64 páxinas combina unha historia potente cunha elaboración gráfica persoal, diferente e minuciosa. Ambientada na India, narra a desgraza do alfareiro Kailash, pillado in fraganti polo rei na cama da esposa real, e o seu descenso ao Outromundo fantástico e salvaxe. Unha historia un tanto gore e imprevisíbel, herdeira de toda unha tradición de terror e suspense adobado co sangue de protagonistas e secundarios. Vermut montou a historia directamente en Photoshop, tirando de paleta gráfica, e obtivo resultados artísticos máis que notábeis. Unha pequena peza de coleccionista.

2 Comments

  1. 9 / Maio/ 2007

    A historia é moi boa, cun bo final ademais e o aspecto é incrible. Só lle poño unha pega: o tamaño da edición é pequeno de mais e non permiten admirar en plenitude o traballo no debuxo. Supoño que non pasarse dos 12€ ten os seus inconvintes.

  2. 9 / Maio/ 2007

    Totalmente de acordo, merecíase un tamaño superior. Teño a sorte de que Vermut me “debuxou” a primeira páxina en BCN a man. Unha marabilla.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *