A vida chea de vidas do reporteiro Enrique Meneses

Last updated on 3 / Abril/ 2007

fidel_maestra.jpg
Fidel Castro, Ernesto “Che” Guevara e outros en Sierra Maestra

A Enrique Meneses a vida cambioulle para sempre en tan só un mes. Cubriu para París Match o episodio de Sierra Maestra da Revolución Cubana, en 1959, creando a maior colección fotográfica dos mozos Fidel Castro, Ernesto “Che” Guevara, Camilo Cienfuegos ou Raúl Castro nos seus momentos de insurxencia contra a ditadura de Batista. As fotos deron e seguen a dar voltas ao mundo e a súa vida posterior ficaría para sempre asociada a ese fito profesional. ¿Que ocorre cando xa sabes, con trinta anos, con que serás recordado no futuro? ¿Agardas superar a marca? ¿E cando te decatas que nunca volverá a repetirse a oportunidade?

meneses_web.jpg
O reporteiro Enrique Meneses. Foto: Teresa de la Hera

Se cadra nunca se repetiu esa oportunidade, pero houbo outras moitas, moitísimas, máis pequenas. Un sinte vertixe con Enrique Meneses, porque xunto coa súa condición de reporteiro internacional, o seu carácter aventureiro levoulle a estar en boa parte dos escenarios da historia do mundo no último século. Un home que estivo en contacto con boa parte das iconas do século XX, aínda que en moitos casos fose do xeito fugaz e práctico dos xornalistas. Coñecímolo en Osca durante un xantar. O vello tiña enfiadas todas as súas historias, e sabía dirixilas ao público. Sabía cales eran as historias apropiadas para unha comida entre descoñecidos. Un amigo aristócrata ficou namorado dunha esvelta e anónima negra etíope que viu nunha revista colonial. Desde Exipto, el e máis o seu amigo baixaron a África dos reinos, hospedándose onde os reis tribais lles permitían, malvivindo das conferencias que daban en clubes masónicos de ingleses expatriados. Zimbawe. Bar inglés. Acción:

[Audio:nemeses_bar.mp3]

Ao rematarmos o xantar, quedei totalmente fascinado.

-Cónteme máis -pedinlle.

Así que pola tarde, na compaña de Samantha Appleton repasamos as fotos da súa vida, tal e como están recollidas no seu recente libro de memorias Hasta aquí hemos llegado. Non poderás ver as fotos, pero se cadra non o precises. Meneses estivo en todo o que levamos visto nas pantallas, en moito do que conforma a nosa memoria cultural, o noso imaxinario occidental de finais de século. Estivo con ese imaxinario. En certo xeito, foi ese imaxinario. Pasamos o álbum de fotos con el. Acción:

[audio:meneses_sesion_fotos.mp3]

Ao rematarmos, non puiden resistirme a preguntarlle:

-¿E que che quedou de todo isto?

Non che darei a súa resposta.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *