Emoción tipográfica: os bos tipos de carácter volven por aquí

Last updated on 23 / Marzo/ 2007

helve.gif

Lemos -non libros, senón letras- máis e máis rapido como nunca tiveramos sospeitado. Mentres aínda moita xente cre que está é unha xeneración do audiovisual, eu creo que somos máis ben unha xeración tipográfica.O deseño web nos últimos dous anos parece recoller esta tendencia: a relevancia do factor letra na composición. Tipos grandes, titulares descaradamente enormes, logos que son puros caracteres con escasos aderezos tridimensionais ou con efectos. A cultura dixital devolveunos a tipografía, porque a súa natureza volveu ser necesaria: económica, informativamente densa, moldeábel. Eu creo que a cultura dixital está a pór enriba da mesa de novo as gañas dos tipos, dos moldes, das caixas de texto, das fontes. E na blogosfera, case parece que de xeito coordinado, está multiplicándose a atención cara as letras. Uns bos tipos que imos repasar aquí.

No gusto pola letra está o agardado documental Helvética, do director Gary Hustwit, que homenaxea a esta fonte nacida no modernismo no seu cincuenta cumpreanos e que conecta a tipografía dentro do deseño, a cultura visual e o xeito no que as fontes tipográficas afectan ás nosas vidas. Como asegura o deseñador Neville Brody nun trailer do documental, “o xeito en que algo se presenta, define o xeito no que ti reaccionas ante el“. Unha gran máxima para o deseño. No documental podemos ver a pasión do vello deseñador Wim Crouwel polo modernismo:

…aínda que, desde logo, non me podía imaxinar que a tipografía podería chegar a crear un remake textual dunha das escenas máis coñecidas de Pulp Fiction, na que Jules pregunta que aspecto ten Marcelus Wallace. Aquí está a recreación que fixo o estudante Jarrat Moody, un rapaz realmente talentoso:


(vía Visualmente)

…e tamén me resultou especialmente interesante este pequeno manual de deseño de tipografías para televisión, no que un aprende moito sobre como traballar a tipografía para un medio de movementos rápidos:


(vía La Huella Digital)

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *