Efectivo infográfico dunha balea a tamaño real

balea.jpg

Iria lembroume hoxe este magnífico contido interactivo. Life Size Whale é o infográfico dunha campaña publicitaria promovida pola Whale and Dolphin Conservation Society que simula, na ventana do teu navegador, o tamaño real dunha balea. O gráfico é tan simple como efectivo: ti podes desprazarte por todo o corpo da balea, a través dun navegador ou movéndote coa man. O gráfico tenta aproximar o usuario ao suxeito da protección: a campaña publicitaria tenta evitar a finalización da moratoria para a caza comercial destes mamíferos mariños. É un exemplo de como, nos infográficos, a narración non ten por que requerir un gran esforzo de guionización, e de como a solución comunicativa máis eficaz está no punto de vista, no concepto e no enfoque.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *