
Pedín nunha céntrica cafetería compostelana un café para levar e déronme esta xoia de presentación. Cruceime con dous alumnos que viñan de marcha e pensaron que eu tamén volvía de copas, xúrovolo. Xa me imaxino a conversa entre o dono e a dona da cafetería, deseñando a estratexia comercial para captar a crecente demanda de cafés para levar por parte dos traballadores que entran na cidade por esa rúa:
-¿E logo? Que vamos a comprar eses vasos térmicos que veñen ahora, ho!. Pero ti pensas que son un despilfarrador! Se despois non os devolven! Mellor llo damos no de plástico da cocacola, que nolos regala o comercial, e cobrámoslle igual que se o tomara na barra. ¿Que a vida estáche moi dura, eh? Total, saber, halle de saber igual, non?

Estes e mais o do outro día, da lata de …”poderiamoslle poñer….” podian poñer un negocio xuntos, que vamos seguro que triunfaban.
jajaja… non queda mal no teu lugar de traballo… pero… ¿que raio é esa bola branca que está ao carón do scaner?
jaja! Boa pregunta, moi perspicaz. É un cerebro anti-stress. E non é coña.
Llevo mucho tiempo leyendo este blog y puedo decir que éste es el mejor post y, con mucho, la mejor foto. Sin duda alguna.
Estou convencido, Nacho, que te sentiches bastante identificado.
;-)
No te puedes imaginar como se echan de menos esos cafés.