


Adam Frank vende sombras. Dispositivos que xogan coa luz e constrúen sombras a partir de obxectos orixinais que non existen. A primeira imaxe representa o seu Lumen, que lanzará en abril. O proxector simula unha fiestra e tras ela móvense as árbores. Esas pequenas veliñas reconstrúen un bosque nas paredes do salón. En Shadow, a instalación, unha sombra autónoma tenta crear unha sombra de si mesma.

Non sería mala idea ter un par de castiñeiros no salón, aínda que só sexa en “formato sombra” :)
Os que vivimos ao carón do mar temos unha nostalxia cando nos temos que mudar terra adentro. A luz do sol no teito, cando está a marea alta, movéndose ao rebotar sobre o mar.
Un cacharro para facer ese efecto non che estaba nada mal.
muito bonito!