Luz para cambiar a cidade por dentro e por fóra

color_cinetics.jpg
Color Cinetics no Rockefeller Center

Os Leds están a chegar a todos os ámbitos cunha enorme rapidez. Unha das achegas máis fascinantes destas novas aplicacións da luz é a de vinculala máis directamente con hardware, con software e con sensores de todo tipo, e un dos grandes eixos de experimentación está na arquitectura. Os edificios cobran vida, recoñecendo, identificando e mergullándose cos seus propios habitantes e a malla urbana. Boa parte das intervencións máis innovadoras proveñen da creación artística: auténtico laboratorio da innovación en luces, leds e interacción humana. Deste xeito, o Color Kinetics do Rockefeller Center, elaborado por Electroland, etiqueta aos visitantes, seguíndolles o trazo mentres camiñan cara o miradoiro do edificio.

No bando europeo, Lab[au] realiza as súas achegas
No caso da Torre Dexia, de Bruxelas, Lab[au] desenvolveu un proxecto interesantísimo no que é o usuario o que controla a apariencia externa do edificio a través dunha pantalla táctil.

torre_dexia.jpg
Consola de control da Torre Dexia de Bruxelas

Este tipo de dispositivos comezan a estar máis extendidos do que parece. No caso da apariencia externas dos edificios, están a converter a paisaxe urbana noturna nunha fronteira visual que evoluciona constantemente.

Tamén: En Wired hai unha interesante galería de exemplos.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *