Non, este blog aínda non cumprira co ritual de incluír vídeos de xaponeses, pero xa ía sendo hora de que estrearse. Sobre todo, cun vídeo coma este, que me fixo comprender con exactitude o significado de esmendrellarse. ¿Que ocorrería se, de súpeto, 100 persoas saídas da nada te colleran no aire e te abanearan a fartar para despois desapareceren inmediatamente?
A compañeira Teresa de la Hera atopou esa resposta e outras en This is what TV is like. In Japan, un blog de extractos da tele xaponesa. Para non perdelo.

Be First to Comment