Mapa do mundo segundo as ganancias por dereitos de autor e licenzas no 2002

mapa_royalties.jpg
O mapa amosa a proporción de ganancias por dereitos de autor e licenzas no 2002. Fonte: United Nations Development Programme’s 2004 Human Development Report

A propiedade intelectual, como vemos, non é demasiado diferente da industrial ou da financeira. O gráfico amosa non só os ingresos, senón que as ideas e os produtos creativos son unha considerábel forza económica e que para ter acceso a elas, segundo o sistema actual, hai que investir grandes cantidades de diñeiro. Por iso é tan importante desenvolver novos modelos complementarios e alternativos de dereitos de autor e propiedade intelectual que permitan redistribuír a riqueza derivada da creación. Todos os datos nesa interesante fonte de recursos que é WorldMapper.

Vía Jean François Fogel

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *