Encyclopedia Pictura: pero quen son? e por que fan isto?

encyclopedia_pictura.jpg
Fotogramas do videoclip Knife, de Grizzly Bear

Encyclopedia Pictura é un grupo de colegas da Escola de Artes de San Francisco que realizan videoclips para pequenos grupos da escena independente. Son unha delirante mestura de animación tradicional, chroma keys, liserxia e pura imaxinación. Talento a mansalva. Proba a navegar polos vídeos da web. Pouquísimo se sabe deles: Isaiah Saxon e Sean Hellfritsch son os directores (supostos) dalgúns dos vídeos. E punto. Pero están a soar por todas partes. Se sabes algo máis, non dubides en dicirmo, que estou intrigadísimo.

Para que vexas de que estou falando, mira este videoclip creado para os hiphopeiros Zion I: So tall Music:

Se te gustou, aquí se pode baixar en boa calidade

Ou aquí, que transforman a un grupo de asexuados seres alpinos en ferrofluido (!!!):

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *