Last updated on 8 / Febreiro/ 2007

A instalación SleepWalkers desde a fachada sur do MOMA (rúa 53)
Nestes meses as fachadas dos edificios de medio globo énchense de arte que se estende como unha alfombra por toda a fachada. Arte electrónica, baseada nos LEDs, interactiva, e múltiple, que explora a multidimensionalidade da cidade en sentidos que ata agora nunca viramos. Así é SleepWalkers, a instalación de Doug Aitken no Museo de Arte Moderno (MOMA) de Nova York. Un sleepwalker é unha persoa que camiña durmida. Sobre as fachadas do MOMA preséntanse en simultáneo a vida de varios habitantes da noite neoiorquina, que se espertan ao solpor e atravesan a cidade cara os seus destinos, contrastando a soedade das súas vidas coa densidade humana e urbana do camiño. Os acontecementos desembocan en soños: un executivo atropellado por un taxi érguese do chan e baila en éxtase sobre o teito, por exemplo. Son 13 minutos oníricos no centro de Manhattan. A exposición remata o 12 de febreiro. Mágoa, outra vez será. Déixoche co intenso trailer da instalación:

genial el video hay que estar atento por lo rapido que se produce todo , es bueno , un saludos y enhorabuena por el blog
http://www.oktomanota.com/