Contra los Gourmets, os saberes e sabores de Vázquez Montalbán

contra_los_gourmets.jpgContra los Gourmets é un libro de estrutura desigual. Como che anticipei nunha cita hai tempo arrinca forte, indagando na relación entre gastronomía, sociedade e cultura. A primeira parte é de formación, no sentido marxista do termo, como se tivera que instruír aos novos cadros da paparota. Comeza cun toquiño de necesaria provocación, seguido dun desborde de erudición sobre a comida romana, francesa, o nacemento do gusto burgués e as teorías de Brilat-Savarin. Despois descende precipidatamente a facer enumeracións de curiosidades dos alimentos, vocabularios, termos, anedotarios. Eu teño a impresión de que Montalbán foi construíndo esta peza de erudición gastronómica a base de servilletas e impulsos, nunha parodia, non sei se consciente, dos libros misceláneos que escribían os notarios desocupados a primeiras do XIX. Iso si, o humor e o bo comer agradéceselle. Moito me tería gustado compartir mesa con este paladín da xeografía do gusto, a quen Adriá -así reza na solapa- chamou “o único intelectual da cociña”. Así que faremos que Brassens lle cante a que foi a súa canción preferida, Chanson pour l’Auvergnat.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *