Unha colección (en cor) da diversidade cultural do Imperio Ruso

prokudin.jpg
Autorretrato de Sergei Mikhailovich Prokudin

Sergei Mikhailovich Prokudin-Gorskii foi fotógrafo oficial do último zar e un ávido retratista da diversidade étnica e cultural da Rusia prerrevolucionaria. Entre 1910 e 1915, co apoio de Nicolás II, Prokudin percorreu unha enorme extensión do Imperio e retratou industrias, traballadores, costumes, poder. Pero o máis curioso é que empregou unha sofisticada técnica para conseguir darlle cor ás fotografías, a través da aplicación de filtros vermellos, verdes e azuis en tres rápidas fotografías sucesivas. As fotos obtidas dan unha idea da complexidade cultural do Imperio ruso e pódense ver moitas no sitio da exposición “O Imperio que foi Rusia” na Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos. Aquí vai unha pequena mostra:

prokudin_1.jpg
Nenos xudeus co seu mestre en Samarkanda

prokudin_2.jpg
O emir de Bukhara

prokudin_3.jpg
Prisoneiros con garda nun zindan -unha cadea típica de Asia Central.

3 Comments

  1. 30 / Xaneiro/ 2007

    Flipante!!!

  2. REFLEXF4
    30 / Xaneiro/ 2007

    Moi interesante, un traballo sen dubida de gran valor ,etnografico.
    Dende logo a tecnica e mooi avanzada pra o seu tempo, os resultados excelentes debeu causar sensación a o Zar.
    A camera mostrada, tamen che ten o seu intringulis, me imaxino moi complicada a hora de exercer a obturacion , preguntome si cada obxetivo pasaria a placa, con distinto filtro de cor o cal complica moito mais a exposicion , xa que os tempos teñense que mixturar e medir con precision a o mesmo tempo.
    Houbo alguen, creo recordar “americano” que foi pioneiro nunha tecnica parecida,o que pasa e que durante a exposicion corria o filtro dos tres cores,entre o plano da pelicula e os obxetivos.
    Terei que indagar mais acerca deste fotografo , as suas tecnicas, e a camera usada, me imaxino rusa. Que sorte que se poda, contar e ver estes traballos para poder manter viva a memoria.

  3. 30 / Xaneiro/ 2007

    Si, creo que Prokudin tomaba en realidade tres fotos moi seguidas, pero non obtiña un positivado a cor en papel, senón que as proxectaba sobre a parede, supoño que superpostas.

    O positivado en papel creo que xa foi cousa de preparalas para a exposición. A min resúltame moi interesante porque é a irrupción da cor nun mundo tradicionalmente en B/N.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *