Enrique Dans, profesor coruñés no Instituto de Empresa de Madrid, non precisa presentación para moitos profesionais do sector tecnolóxico e escritores de blogs. Encántame o seu estilo de redacción sinxela, a claridade expositiva e a transparencia que aplica para que o blog sexa un rexistro intenso da súa actividade profesional. Dans permite coñecer con detalle a evolución do sector tecnolóxico a nivel global e o seu cerebro é unha especie de lector de RSS descomunal e con gran capacidade de proceso e reciclaxe. Esta semana, Dans participa no CES, unha importante feira da electrónica de consumo, en Las Vegas. Desde aquí seguiremos, esta semana, o que nos conte das últimas novidades no sector.

Be First to Comment