Serious Eats na Semente RSS da semana

serious.jpg

Como xa dixen hai uns días, dáme envexa a frescura e divertimento dos blogastrónomos ianquis, ás veces tan diferentes da gravidade un tanto ridícula con que se toman o asunto na crítica profesional (tanto norteamericana) como na europea. Un bo sitio para botarse unhas risas arredor da comida é Serious Eats. Trátase dun sitio multimedia que combina reportaxes, fotonovelas, vídeos en plan coñón arredor do feito gastronómico. Ás veces non se entende a profundidade do humor, que tantas veces é un adobo local. Noutras, pola contra, dá gusto meterlle man á pacenta, ás hamburguesas, inventar a pizza fritida e a todo o que se presuma que poida ser comido.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *