
My Brightest Diamond é Shara Worden, unha rapaza filla dun evanxelista intérprete de pífano que ía para cantante de ópera pero quedou prendida dos ensaios do punk e do indie. A música de Bring Me the Workhorse, o seu último traballo, é unha preocupación constante pola beleza, polos ritmos cortados, por unha voz cun escuro abano vocal, pola guitarra potente mesturada co cuarteto de corda. Ela defínese en terceira persoa:
“As súas cordas vocais chegaron ata Puccini, pero a súa guitarra era puro PJ Harvey”.
E chegou ata Dragonfly.

Be First to Comment