Innovacións na lectura en cama

Last updated on 11 / Decembro/ 2006

Os afeccionados a ler en cama, xusto antes de durmir, somos lexión. Tal pracer dá este hábito que somos capaces de sobrepoñernos a todas as incomodidades da lectura de dormitorio. Posturas, tortícolis, luces molestas para as outras persoas, etc. Decididamente, a cama non é, desde logo, o lugar máis ergonómico para esta práctica, aínda que si o máis tranquilo. Moitos inventores están buscando solucións para mellorar este vicio multitudinario. Non me puiden resistir a dar un repaso a este I+D+i de alcoba e rirme un rato.

cama_1.jpg
A almofada acomoda-riles. A solución máis evidente, aínda que ten o problema do fresquete das noites de inverna e se carga o pracer das mantas.

cama_2.jpg
Unha solución práctica xaponesa para o problema. Non está, desde logo, nada mal.

cama_3.jpg
Edicións especiais de libros. Isto si que non mo esperaba. Textos clásicos a dúas columnas e en horizontal! A empresa comercializadora ten unha oferta especial: unha Biblia (versión Rei Xaime) para que comprobes que funciona ata con textos realmente duros.

cama_4.jpg
Desde logo, un invento flipante. Mark é un prototipo desenvolvido na India que consiste nesa folliña plástica que está formada por esa variante flexíbel e orgánica de LEDs (os Fleds), e que colocas sobre a folla na que queres ler. Máxima liberdade sen molestar a outros e, por riba, vale de marcador.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *