Noticias económicas galegas en Miami Vice

miami_vice.jpg

É ben sabido que hai una conexión galega en Miami Vice: Luís Tosar, que fai dun malo malísimo narcotraficante chamado Arcángel de Jesús Montoya (sic). Pero un queda intrigadísimo cando chegas á escena na que Tosar está deitado na cama da súa mansión das fervenzas de Iguazú lendo atentamente esta noticia da edición de El Mundo do 23 de outubro do 2005. Pódela observar no fotograma superior. ¿Pura coincidencia?

2 Comments

  1. 4 / Decembro/ 2006

    Mira ti, toda a vida pensando que Zara non facía anuncios, e resulta que era porque Amancio Ortega se adica a facer publicidade subliminal.

    Lembro outro momento “galegos hai por todas partes” vendo South Park (a película), no momento en que aparece a bandeira nacionalista galega. Quedei co mesmo pensamento ¿Será casualidade?

    Post-Mortem: Se non o viches, é cara o final da película, cando Kyle esconde no desván o seu irmán canadiense. Este, ponse tocar unha harmónica, e ó seu lado ten unha pelota branca-banda azul clara- estrella vermella no centro. A ver se atopo a película e capturo o frame (se a miña habitación come-discos non a merendou xa…)

  2. 5 / Maio/ 2008

    Boas, estou facendo unha web con fotografía panorámica de Galicia, aquí tedes a ligazón: http://www.degalicia.es
    Un saudo.
    Suso

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *