Brétemas na Semente RSS da semana

Brétemas é o blog do director de Edicións Xerais de Galicia, Manolo Bragado. Aínda que é posíbel que o 90% dos visitantes deste blog xa coñezan estas brétemas viguesas, non podo deixar de colocalas como compañeiras de letras durante esta semana, porque aprendo, e moito, da súa visión do mundo da edición e do mundo da cultura. Aínda que -síntoo, Manolo- me salte as túas crónicas futbolísticas do Campo do Fragoso. Parafraseando a Cervantes, o fútbol é a graza que non quixo darme o céo. E engadiría eu, menos mal.

One Comment

  1. 2 / Decembro/ 2006

    Ei! o comentario anterior era para o seguinte post (o do deus wifi). Parece que o wordpress tolea (ou Manolo Bragado ten poderes divinos, que todo pode ser…)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *