Sociedade da Información en Galicia

Tenda de fotografía. Unha parelliña duns vinteseis anos ao meu carón falando coa propietaria.

-Pois pódese facer a reportaxe da voda de dous xeitos -coméntalles a propietaria-, tedes as fotografías feitas coa cámara tradicional, así con carrete, que custan 800 euros. E despois están as que se fan coa cámara dixital, que sae a 1.200 euros.
-¡Xesús! -di a rapaza asustada- ¿pero por que hai tanta diferencia de prezo?
-Muller -contesta a vendedora con suficiencia didáctica – a calidade das fotografías non se pode nin comparar e custa moito máis imprimilas… E, ademáis, por 150 euros a maiores dámosvos un CD-Rom coas fotos.

Os mociños míranse resignados. Total, é un día especial.

11 Comentarios

  1. 29 / Novembro/ 2006

    Se non o contases ti, non o crería. ¿Cobran máis por fotografías dixitais que analóxicas? ¿Por qué? ¿Porque saen máis baratas e son máis doadas de tratar? ¿Quen está peor da cabeza: os da tenda ou os clientes?

  2. 29 / Novembro/ 2006

    Pois tal e como o conto, Marcus. Parece ser que é unha práctica máis habitual do que debería. Coñezo un par de casos máis coa mesma historia. De todos os xeitos, non nos debemos estrañar…¿nunca chegastes a ver orzamentos para facer webs do ano 98, ou por aí, nos que cobraban a 5.000 pesetas para facer un “link”?

  3. 29 / Novembro/ 2006

    …e non hai que perderse o prezo de gravar o CD coas fotos…

  4. 30 / Novembro/ 2006

    Non será que o tal CD ten que apandar con algún canon especial para días especiais. :)))

  5. 30 / Novembro/ 2006

    Pois olha, nem para as fotos de boda é preciso ir. Quando fiz a foto para a orla da minha promoção, perguntei quanto custaria ter uma cópia de todas as fotografias em CD (para distribuir entre os colegas).

    Após me porem cara rara e consultarem na tenda (para quem morar em Compostela, dizer que é a que está frente de Follas Novas), soltaram-me “60 euros”.

    Evidentemente, esqueci o assunto.

  6. 30 / Novembro/ 2006

    JUS..QUE MAL VAI A VIDA…O CASO É QUE POR SER DIXITAL..EFECTIVAMENTE DESBORDAN OS PREZOS…E SEINO POR QUE LLE ACONTECEU UN AMIGO

  7. 30 / Novembro/ 2006

    …cando o lóxico é que os custes se abaraten moitísimo. O que quero dicir é que bastante xente aínda non ten unha relación “normal” co mundo dixital, e que así acontece en máis xente nova da que pensamos…

  8. reflex
    1 / Decembro/ 2006

    espero que non fose no barbanza, porque vese de todo………

  9. 2 / Decembro/ 2006

    pois foi na capital, capital, aínda que a min dáme que o “timo da cámara dixital” chega alí onde hai un negocio de vodas… :P

  10. curruca
    10 / Febreiro/ 2010

    E nese prezo non van incluídos os posibles retoques con Photoshop que recomende sinceramente o fotógrafo con fin de mellorar eses defectiños de brillos, malos encuadres ou, por suposto, para embelecer aos fantásticos noivos. E pican, porque imaxinan que van quedar de portada do Hola, cando menos. E nada que dicir dos efectos con estreliñas, néboas, combinacións b/n e cor… En fin, que polo menos sube o conto aos 2.000 eurazos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *