O partido socialista francés, en “beta”

psf.jpg

Non sei se serán aires frescos propiciados por Sègoléne Royal, pero o Partido Socialista Francés é, sen dúbida, unha das grandes organizacións políticas europeas que está a asumir Internet como unha canle na que demostrar o suposto dinamismo da organización de cara os votantes. Por suposto, en tal dinamismo supoño que incidirá o tentar involucrar nas votacións ás masas de mozos abstencionistas de cara as vindeiras eleccións. Aínda así, sorprendeume moito o achado da súa nova portada “beta” do sitio web, redeseñada ao estilo “Netvibes”, creando unha portada modular, na que podes desprazar ou eliminar os bloques de información e incluír diferentes contidos máis tematizados producidos pola propia organización socialista. Un clon político dunha aplicación persoal.

Sé o primeiro en comentar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *