Rabudo.com na Semente RSS da semana

Nacho Mirás é xornalista pero además é un blogueiro imparábel que escribe con noturnidade aínda que pouca alevosía. Estes días tenme intrigado coa condenada libreta perdida do actor/actriz (parte 1, parte 2); pero hoxe retorceume de dor coa nova historia do seu veciño. Gústanme as súas historias que me son en parte coñecidas porque traballamos no mesmo, pero ao mesmo tempo totalmente novidosas debido á súa ollada tan persoal. Cando contou que Jorge Hombre, o dono do pub O Galo de Ouro estivera de turismo por Mongolia, non tardei nin un día en pasar por alí e preguntarlle pola experiencia:

-Mira, rapaz -díxome o tipo- tes dous xeitos de ir a Mongolia. Un é con eses touroperadores franceses que che levan ata Ulan Bator e despois danche un paseíño ata unha aldea nómada de pega nas aforas. A outra é a que fixen eu, que é ir por libre e contratar un guía. Pero para iso tes que saber dúas cousas: amañar un todoterreo e saber disparar.

Tal e como Nacho o contara, a este home pagaba a pena coñecelo. Desde o día seguinte, enganchei rabudo.com ao meu bloglines.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *