Escoitar.org, a banda sonora 2.0 de Galicia

escoitar_org1.jpg

En Escoitar.org:

Unha aproximación ao son dun lugar é unha aproximación ao seu patrimonio. Percibir, comprender e concibir a nosa identidade sonora, a dos nosos lugares e as nosas xentes, a súa coherencia e idiosincrasia, é un exercicio necesario e saudable. Escoitar.org é un proxecto de dinamización social aberto e libre cuxo obxectivo principal é a difusión e promoción do fenómeno sonoro e a súa exploración con fins sociais e documentais. Podes participar engadindo as tuas gravacións. Benvido a Escoitar.org.

O proxecto é un magnífico exemplo de reelaboración de tecnoloxías para adaptalas a proxectos colectivos e xa comeza a estar cheo de sons sorprendentes (estes paxariños da foto, os mexilóns mortos, as entrevistas a serradores…). O obxectivo é cartografiar o país con sons, a partir dun hack de Google Maps e loudblog.

Vía Chuza!

3 Comentarios

  1. 26 / Setembro/ 2006

    jejeje moi boa nova.
    por certo, como fas as capturas de pantalla das ligazons?
    gracias!!

  2. 26 / Setembro/ 2006

    ah! moitas gracias.
    andaba buscando eu algunha cousa asi para a portada de blogaliza!!
    vou ver de incorporalo…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *