O sociólogo Vicente Verdú está a ter un fecundo ano de análise sobre as forzas do mundo contemporáneo: editou dous libros que se deben comprender como complementarios: El estilo del mundo: la vida en el capitalismo de ficción e Yo y tú, objetos de lujo. Acabo de ler este último, no que o pensador valenciano tenta facer unha radiografía desta primeira década do século e comprender o pulso dos tempos. Para Verdú, estamos consolidando o capitalismo de ficción, un novo contorno social baseado máis na produción e consumo de bens simbólicos, en contraposición ao anterior capitalismo industrial: “o capitalismo de ficción non se detén en entregar bens, senón en crear realidades”.
Neste capitalismo de ficción xorde o personismo, que el (ou a súa editorial) define como a “primeira revolución cultural do século XXI”. Verdú asume certa barreira xeneracional á hora de facer a análise. Como sinala no prólogo: “a nosa época ten mala prensa” pero no medio do desprezo polas novas manifestacións e hábitos da mocidade, Verdú pregúntase ata que punto non é esta unha percepción timorata: “a primeira parte do século XX creu na realización de utopías para ben (e para mal) da condición humana, pero o século XXI é descrido, cínico e superficial (…) pero con todo, aceptando que as manifestacións culturais perderon fondo, ¿como non preguntarse sobre a posibilidade de que o xurdimento dos novos fenómenos na comunicación, nos desexos e no valor non estean a conformar un novo sistema?”. A tese do sociólogo é arriscada, pero interesante: ” a enerxía de consumo, a enerxía do pracer, conformou un tipo de home/muller, suxeito/obxecto, un “suxecto” que sen posuír un destino inscrito actúa na busca da felicidade especialmente relacionada cos múltiples nexos cos demais[…]. Ao superindividualismo dos anos noventa séguese agora un personismo que supera o repetido desexo dos obxectos e busca o trato cos demais como “suxectos”, suxeitos e obxectos á vez, novos obxectos de luxo”.
O desexo, para Verdú, foi unha forza moi subversiva no capitalismo industrial. Era irreverente, indisciplinado, alleo ao tempo marcado pola produción. Sen embargo, e aquí vén o interesante, o desexo convertiuse na forza lóxica do capitalismo de ficción, porque sincronízase coa súa lóxica de creación de realidades, e actúa como mecanismo liberador necesario: “namentres o traballo aparta e divide, queima e descarta, xubila anticipadamente, despide masivamente ou entrega pagas basura, o consumo cumpre o simulacro da personalización, a liberdade de elección e o exercicio da identidade”. Para demostrar as súas teses, Verdú indaga na evolución das marcas, na construción de Internet, no desgaste do sistema político e na formación de redes, e no desenvolvemento das tecnoloxías de personalización, na atención directa baseada nas consultas aos rexistros de individuos en banco de datos como simulacro da proximidade.
Un libro moi, moi recomendábel.

Sei que o que vou dicir é obvio, pero a min cada día me sorprende máis o poder de “congregación” das marcas de consumo na época postindustrial.
Apple, Google, Nike… exemplos de marcas que crean unha comunidade ó seu redor que sirven de bálsamo á nosa necesidade de reunión. Tamén vale para determinadas “filosofías de consumo”, por exemplo. todo o que supón ou se esconde detrás dunha palabra como Linux.
Solemos simplificar o feito de comprar artigos “de marca”, pero ¿que se esconde realmente detrás? ¿Hai moita diferencia entre o “bálsamo social” que dos feligreses da parroquia e o que sinte quen hoxe compra un ipod e comparte logo a experiencia con outros “auriculares brancos” nun foro, nun blog, nun chat…?
Co estado-nación desmembrado, sen relixión que me convalide a condenación eterna, sen utopías que compartir coa miña xeración ¿quédame algo máis que entregarme ós grandes eslogans?
A enerxía, o impulso case libidinoso que se esconde detrás do consumismo é demasiado intenso como para consideralo un simple pecado de Occidente e non estudiar o que se esconde detrás del ¿non cres?
Cambiando de tercio: haberá que anotar ese Retiro da Costiña de Santa Comba do que fala Maribona ¿Non? ¿Temos referencias? ¿Non é deste do que lin non hai moito en La Voz que é un dos poucos (xunto co restaurante do NH compostelán) que ofrece carta de augas? De ser así, xa me fai poñer as orellas de punta, porque un restaurante de pobo que se atreve cunha carta de augas so ten dúas opcións: a) non é máis que un snobismo de cara á galería, un xesto publicitario b) de verdade teñen un concepto renovador da cociña e non se deixan amedrentar por un entorno a priori pouco apto.
Gústaríame pensar que é a B.
Gourmet, o Retiro da Costiña é un dos meus restaurantes preferidos e, desde logo, unha das ofertas máis singulares e especiais da provincia. En certo xeito, máis que un restaurante, é unha filosofía do comer. A cociña é estilo Os Martínez, para que te fagas unha idea. Hai tempo publiquei un post (enfervorizado) sobre el:
http://www.manuelgago.org/blog/?p=811
emmm…. si todo muy bonito y la vida es bella ya verás como a pesar de los pesares…. Pero este home, pese a falar de todo, NON é sociólogo! Segundo dín por eí é doctor en CCSS, economista e xornalista :P
Cando sacou o doutoramento en Ciencias Sociais existía a carreira de socioloxía?
SIP!
Juan, supoño que a marca é un cargador de identidade hoxe en día. Temos unha tendencia continua a definirnos e as marcas, para moita xente, afinan a definición por nós. A min interésame o inquedante fenómeno do que fala Naomi Klein en “No logo”. A habilidade das marcas, dende finais dos 90, de apropiarse dos elementos da cultura underground e agregalos, subvertíndoos, ao concepto orixinal: deste xeito quedan incorporados á cultura pop, caso do hip hop. Gástase moitísimo diñeiro hoxe en día explorando esas posibilidades.
Xa de que estades a falar de restaurantes, gustaríame a vosa opinión sobre o Mar de Ardora (Cabana de Bergantiños), no que paro algunha vez. Do Retiro da Costiña teño opinións de bastante xente, aparte da que aquí falamos. Non vou opinar porque non fun nunca.
Félix, que sorte que falaches do Mar de Ardora. Hai un tempo vira un par de comentarios sobre o restaurante pero despois, cando tentei buscalo, non me conseguía lembrar do condenado nome nin do concello no que estaba. Eu aínda non lle fun, pero ten boa pinta. Ti que opinas?
Atópase no concello de Cabana de Bergantiños, na estrada Laxe-Ponteceso, á man esquerda en sentido Ponteceso. O propietario seica foi sumiller en Londres, e a cociña a mín gústame. Un dos platos recomendados é o pastel de marisco, pero en xeral a experiencia é positiva, alomenos no meu caso. A carta non é moi variada. Os peixes pagan a pena, como non pode ser doutro xeito nesta zona.