Periodistas21 na Semente RSS da semana

Periodistas21 é unha das miñas lecturas obrigadas do día a día. Juan Varela, o seu autor, analiza con rigor as novas no hipersector da comunicación, cunha especial ollada aos seus aspectos máis novidosos e innovadores. Dende o EnBlogs’06, quedeime cunha frase da súa certeira presentación sobre o que son os blogs: identidades de dominio público. Pero Juan tamén presta unha atención intensa sobre ás grandes cuestións do noso país, que observa desde Madrid. Parecéronme especialmente lúcidas as súas reflexións sobre os incendios en Galicia que se poden ler nos seus últimos posts.

One Comment

  1. 24 / Agosto/ 2006

    Excesivo, Manolo. Gracias. Te dedicaré el post sobre identidades de dominio público que tengo pendiente desde hace un cuanto.
    Abrazos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *