Last updated on 5 / Agosto/ 2006

‘Sæmundar og Snorra Edda’, un manuscrito islandés de 1760 escrito por Ólafur Brynjúlfsson.
BibliOdyssey é un dos blogs máis fascinantes para os afeccionados ao libro e a ilustración. Non sei como fan, pero recuperan en alta resolución marabillosas imaxes e gravados de manuscritos e primeiras edicións do libro dende a época medieval ata os nosos días. O autor ten, ademais, unha especial querencia pola materia obscura. A imaxe corresponde ao último post que vén de publicar o seu autor, PK, dedicado a manuscritos das Eddas islandesas.

Be First to Comment