A imaxe do día da NASA na Semente RSS da semana

tunel_vento.jpg
Un enxeñeiro proba unha maqueta de transbordador espacial nun túnel de vento (1980). Foto: NASA.

Planetas, constelacións, aterraxes, fotos históricas da carreira espacial, simulacións…a Nasa image of the day é un incríbel banco de datos de imaxes -moitas delas open source- que todos os días propón unha entrada didáctica ao espazo exterior. É unha cita diaria ineludíbel, para min. O sitio web da NASA, por certo, é unha referencia en moitos aspectos: na capacidade de combinar información científica e divulgación, na capacidade dunha institución pública por apostar por unha canle de distribución de coñecemento tan potente, na vizosa dispoñibilidade gratuíta de inxentes cantidades de material multimedia -a través de licenzas de cesión de dereitos- para quen queira empregalo con finalidades non comerciais.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *