Galicia Gastronómica na Semente RSS da semana

Galicia Gastronómica non é un blog, pero entrou con forza na Internet galega. Este novo proxecto da Axencia Galega de Noticias coordinado polo xornalista Miguel Vila -que tamén mantén o blog culinario Colineta– ofrece a actualidade do mundo da gastronomía en Galicia, dende as míticas festas de exaltación e outro tipo de paparotas populares ata entrevistas e colaboracións dos profesionais que soan no momento. Galicia Gastronómica é unha indispensable fonte de información para a xente á que lle interese o mundo da restauración (¿que palabra tan fea esta, verdade?) no país. Ao ler as noticias, un dase conta da cantidade das moitas actividades interesantes que hai neste mundo e do pouco que trascenden alén das fronteiras municipais onde se organizan. Pois ala, a infoxicarse un pouco máis.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *