A Semente RSS desta semana bebe dos puros acontecementos destes días. O sitio Natureza Dixital, mantido polo fotógrafo, xornalista e naturista Xermán G. Romai, e que conta tamén cun blog, está a ser un dos máis activos na defensa do Outeiro do Corvo contra a construción dunha piscifactoría de rodaballo da Stolt Sea Farm, no cabo de Corrubedo (Ribeira). Ben, tan activo que acaba de sufrir unha rotura fibrilar por andar choutando entre os cantís de Corrubedo tirando fotos para a campaña (¡ánimo!). Un interesante miradoiro dende o que seguir a evolución da mobilización ecoloxista e veciñal.

Be First to Comment