Na semente RSS desta semana, debería ser eu o que pasara a ocupar o pequeniño espazo da columna central e o meu convidado aparecer nesta columna da esquerda na que me les. Así de luxo vén a semente esta semana, señora.
Esta euforia explícase porque terei de veciño na columna do lado a Jean François Fogel. Habituados como estamos a percibir as persoas nunha dirección unidimensional (o Poeta, o Experto en Internet, o Científico, o Defensor do Medio Ambiente, o Simpático), Fogel sorprende porque a súa rica persoalidade dispón de varias facetas tan distanciadas que un se marabilla -sempre- de que alguén poida ser tan brillante en tan diferentes ámbitos. A este francés eu coñecíao pola súa dinámica visión dos cibermedios e polo seu excelente traballo de asesoría e consultoría en Le Monde Interactif, a versión dixital de Le Monde. Sen dúbida, é un dos xornalistas da vella xeración que mellor comprendeu a oportunidade que supoñen os cibermedios para o xornalismo.
Pero cal é a miña sorpresa cando hai tempo cando mo atopo, dentro da oferta de blogs literarios de PRISA, mantendo un impresionante espazo no que combina dúas paixóns, a literatura internacional e a análise política e social de América Latina. Fogel le sen parar, visita exposicións, extrae recordos, traza perfís en poucas liñas e demostra un coñecemento profundo dunha América Latina sobre a que mira coa tranquilidade de analista serio. Eu que ti, non mo perdería.
E, por certo, non busques o RSS no seu blog porque non o vas a atopar. Podes collerllo aquí.

Impresionante espazo verdadeiramente. Eu tamén sei porqué me gusta Xulio Llinás en “De eso no se habla” . É o libro dun exiliado arxentino en Europa en última instancia: melancolía, folclore, sentimento de inferioridade, enfrontamento anglo-hispano…. Non o coñecía de nada , pero a empatía fixo o camiño.
Cool design, great info! Please visit my site too:
I’m glad I found your site! It’s nice! Would you please also visit my site?