Microsoft Bob: eu cheguei a velo instalado
De GenBeta:
PCWorld ha recopilado los 25 peores productos tecnológicos (Hardware y Software) de la historia. En primer lugar, AOL, la compañía que todo lo que toca se convierte en oro… para la competencia, claro. Le sigue el reproductor RealPlayer, que también es penoso, y SoftRAM, una aplicación que estropeaba más que ayudar. Cierran el Top 5 Windows Millenium (…) y los discos de Sony con RootKit, una abominación completa.
La lista incluye algunos más ilustres paquetes software, como el aclamado Internet Explorer 6 (copando la octava posición) que destaca por su seguridad, o como Comet Cursor, el primer software que venía con Spyware (¡y todo de forma gratuita!). Como dato curioso, también incluyen a Microsoft Bob, el primo tonto de Windows, se trataba de una interfaz gráfica para Windows 3.0 y 95, cuyo entorno era un salón dibujado, y las aplicaciones (como suites ofimáticas) eran objetos de la casa.

…de feito, eu tíveno instalado!!!!
Cando comprei o meu primeiro ordenador novo (o 1º fora un 286 maravilloso de 6 anos q aínda me durou 4 máis) instaláronme na tenda ese engendro que tuneaba ó win95 . Pouco me durou. O disco duro viña defectuoso así q 15 días despois pasei a estrear o meu flamante win98, tan pirateado como o primeiro.
Hoxe estou seguro de que me faría rir a idea, pero por aquel entón non me pareceu tan malo iso de facer un SO “visualmente amigable” , máis que nada porque eu proviña de MS-DOS (o vello 286 era unha castaña con win3.1). Pero o can (rover, creo que se chamaba) era desesperante preguntándoche cada 5 min que querías facer ou pedindo confirmación cada vez que pretendía abrir o PcFutbol 4.0.
De feito, creo q o disco duro se suicidou pola súa culpa.
Ata o de agora só falara del unha vez, cun mañoso da informática que me contara que Bob fora o último proxecto de Melinda Gates para Microsoft, xusto antes de casarse. Ó mellor amenazouno con seguir facendo cousas semellantes se non se casaba con ela…
E por certo, Bob non tivo continuidade, pero Rover si. Ou polo menos, o axudante de búsqueda de Windows XP é idéntico, por moito que agora lle chamen Rufus (bueno, conseguiu unha dimensión máis polo camiño)
e q me dis do Microsoft Publisher? E o Real One? Ese que intentaba posuír o teu ordenador, copaba a túa memoria RAM ata o estremo e se montaba un sarillo entre as cousas de pago e as que non?