Culture Vulture na Semente RSS da semana

Pois estas semana viaxamos a terras británicas para presentarvos a outro dos meus blogs preferidos: Culture Vulture (O voitre da cultura, diriamos). Culture Vulture é un blog colectivo da redacción do Guardian, e nel publican principalmente redactores das áreas de cultura do xornal. Con descartes de noticias, breves crónicas de situación -aparentemente demasiado irrelevantes para publicárense na edición estándar ou valoracións excesivamente irónicas-, os xornalistas do Guardian compoñen un blog cheo de humor e cun inglés de lectura moi sinxela.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *