
Este é un post feito a partir de rubor (e algo de envexa, para que negalo). Os multimillonarios tamén parecen ter réximes de copropiedade, no estilo daquela fórmula cañí da “multipropiedade” dos apartamentos de Torrevieja que tanto deu que falar hai algúns anos. Neste caso, se a un se lle escapan 2’5 millóns de dólares do peto, pode participar na que, posíbelmente -e, salvo un último recoñecemento dos chalés de Berlusconi en Sicilia- sexa a vila máis luxosa do mundo. Tralo dispendio, un pode dispor da chabola durante sesenta días ao ano. Está en Phuket, Tailandia, e o máis ruborizante de todo resulte posíbelmente, este dormitorio flotante, no medio dunha piscina.
Que che vou contar, por suposto nunca durmiría aí. ¡Por quen me tomas!
Vía The Cool Hunter.

Sé o primeiro en comentar