
O mosteiro está localizado nun alto sobre o canón do río Sil
Cando tentei visitar o mosteiro de Santo Estevo de Ribas do Sil, estaba no medio do intenso proceso de restauración que consolidou e modernizou o mosteiro. Agora, aproveitando o bo tempo, fumos visitar os seus tres claustros.

Claustro dos Cabaleiros de Santo Estevo
Teño que dicir que o resultado engaiola e resulta impresionante. A solución de cristal para pechar o Claustro dos Cabaleiros, o mobiliario contemporáneo que aparece de súpeto entre os muros, o pasmo dos seus tres claustros de épocas e fins diferentes fan que a visita sexa unha experiencia sorprendente.

Claustro dos Abades, románico refeito no XVIII
O mosteiro é agora un luxoso Parador cun dos máis fermosos restaurantes do país, enclavado na base do mosteiro e mergullándose nun bosque frondoso de carballos e castiñeiros. Todo aquí é luminoso e misterioso ao mesmo tempo, como as inevitábeis referencias tolkinianas. Aínda que o mosteiro xa ten 1.400 anos de historia, a súa fundación máis ou menos orixinal ocorreu co retiro de nove bispos galegos a estas soedades para eremitar. Deles veneráronse ao longo dos séculos Nove Aneis que converteron ao mosteiro nun rico foco de peregrinación e espiritualidade.

Medallón na bóveda do Claustro dos Abades
Para rematar, amoso esta foto deste medallón que parece amosar a dous xemelgos bastante cabreados agarrando ¿unha corda? ¿un cordón umbilical?. Confeso as miñas limitacións na interpretación iconográfica. ¿Alguén pode aclararme que demos significan? Tamén se admiten esbardalladas…

Preciosa página y muy bonito comentario. Es una pena que no lo haya entandido del todo. Aunque me he esforzado, porque lo merece. Aun así sigue escribiendo en tu lengua.
Adiós.
Pues muchas gracias! Y gracias, sobre todo, por esforzarte en leer en gallego.
Si se admiten esbardalladas, o que probablemente teñan na man sexan os
Si se admiten esbardalladas, o que probablemente teñan na man sexan os
respeitivos carallos. O da direita capitidisminuido de tanto estudiar pra frade. Así pensamos os de Lucus Augusti e o que fixo a pergunta, tamén.
No es el Claustro de los Abades sino el Claustro Reglar o de los Obispos. Y es del XVI