Xeneralízase o vídeo baixo demanda

A xente do Paradiso e do Melkweg, dúas das salas máis populares de Amsterdam, gañaron o Premio Europa 2005 á mellor produción en Internet co FabChannel, e non é para menos. Sen dúbida é unha das experiencias máis espectaculares de vídeo baixo demanda.

No FabChannel están subidos sobre 400 concertos e conferencias gravados en directo nas dúas salas, que poden ser vistos en pantalla completa, previsualizados, complementados con información biográfica, acceso editado por cortes… todo nunha áxil interface flash que ten birguerías coma o feito de continuar executándose o concerto en segundo plano, nunha fiestra miniatura, mentres ti interactúas con outras partes da web.

Eu que ti non me perdería unha visita ao FabChannel.

Sé o primeiro en comentar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *