Pantalla etérea

Como xa vimos nalgunha ocasión anterior, as pantallas dos nosos aparellos dixitais son das interfaces máis sometidas a I+D nos últimos anos. Non é aventurado pensar que nos vindeiros dez anos o espazo da representación dixital poderá ser moi diverso, moi diferente segundo as necesidades e as dimensións do lugar no que situalo. Entrementres, eu miraría con bastante interese este prototipo -comercializábel- que proxecta no aire imaxes dixitais e que permite xa unha interacción mínima do usuario coas iconas representadas deseñado pola empresa Heliodisplay.

Sé o primeiro en comentar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *