Last updated on 20 / Maio/ 2006
Capítulo 0 abre un prólogo. Presentamos as sementes RSS da semana. Cada sete días, un sitio web convidado que actualizará a columna central da plataforma Capítulo 0;-). Comezamos cun dos meus blogs favoritos, Microsiervos: un lugar imprescindíbel para tecnofilia, ciencia, recursos inspiradores e navegación improdutiva. Recoméndase para usos noturnos.

¿É unha escolma ou van ser os últimos que agromen da semente RSS?
Os últimos, os últimos. A miña idea é incorporar a semente tal e como a lerías en Bloglines, por exemplo. E, por certo, grazas polo da semente. Está mellor dito.