Cando a TV te devora

O relato circulou pola rede a unha enorme velocidade. Un taxista negro que levaba ao experto Guy Kewney aos estudios da BBC a falar sobre Apple nun programa de tecnoloxía foi confundido co propio experto, arrastrado ao plató e obrigado a responder a preguntas sobre que novas tecnoloxías de descarga experimentará o usuario. Hai poucos minutos a historia rectificouse: a confusión fora bastante máis burocrática. O señor Guy Koma, estudiante congoleño de tecn0loxías da información, acudiu á BBC para unha entrevista de traballo e o bedel confundiuno e arrastrouno a todo correr ata o plató. Obviamente, a historia perde fuel, pero a a cara do rapaz é a perfecta definición dese abstracto termo que só se emprega nas novelas: o desconcerto.

Mark Frauenfelder contouno e rectificouno.

Sé o primeiro en comentar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *