Unha potente rede wifi atravesa por fin os muros da miña casa: almorzamos cos nosos medios favoritos, vemos a posta de sol na terraza acompañados da música extraída por Pandora para a ocasión, acudimos a Google con fruición, aprendo sobre Lacan para interpretar mellor os textos de Slavoj Žižek, fago as transferencias bancarias a media noite –cando me lembro-, recupero programas favoritos, comunico onde e cando quero, deposito traballo en Gmail para recuperalo ao chegar á oficina.
Se cadra, ao longo de quince horas do día manteña algún tipo de interacción coa rede. E iso reconfórtame. Internet axuda a redistribuír os horarios persoais, en camiños aínda insospeitados. O meu ritmo de vida –agora decátome- está sincronizado nas novas e difusas coordenadas de espazo e tempo de Internet. É máis humano, menos estresante. Quizais non se viva peor sen Internet, pero sen dúbida vívese mellor con ela.

noraboa magago ;-)
noraboa magago ;-)
noraboa magago ;-)