En Boston celébrase a IV Conferencia sobre Tellados Verdes, unha nova tendencia urbanística que consiste en crear xardíns comunitarios nos tellados que melloran a sostenibilidade das cidades. Trala explosión vertical dos 70 e 80, e a reacción horizontal dos 90, as cidades volven medrar cara o céo como reacción ao incremento dos prezos inmobiliarios. Novas babilonias parecen xurdir no horizonte.

(Juan Castro di:)
¿E ti cres que chegaremos a ver isto?
De todas formas, preferiría que estivesen a ras de suelo, e que os poidesemos desfrutar todos…
Aparte de a Babilonia, ¿non che recorda tamén a Metropolis? (que tiña o seu punto Sodoma/Gomorra, é certo)
Bueno, de feito xa se produce cada vez máis, aínda que polos hoteis. Moitos dos máis novos ubican espazos verdes e chill out nas terrazas. Antes, pola contra, a primeiros do XX, facíano en cómodos xardíns. Supoño que a busca de aire puro nun contorno urbano moi polucionado e o sentimento de exclusividade é bastante relevante nisto.