Lasse Rantanen


Catching the second wave, ilustración de Lasse Rantanen para Nokia People Magazine

O ilustrador Lasse Rantanten (galería gráfica), Premio Nacional de Deseño Gráfico 2005 en Finlandia, é coma un neno grande. Segue a sorprenderse por cousas moi pequenas, abrindo moito os ollos coma se for un bebé. Nin sequera ten moi claro o oficio, e desfruta con iso, coa flexibilidade para achegar novos proxectos. Lasse interésase por calquer cousa, e domina o espazo escénico dunha páxina en formato saba coma se fora un teatriño de vaidades. O ilustrador abre as portadas da sección de cultura do Helsinki Sanomat, unha sorte de Babelia finés. Divide as ilustracións en varios segmentos para que dialoguen co texto que inundará a superficie. E expresa unha idea propia que engade crítica visual á recensión escrita dun libro buscando a paradoxa e o elemento sorpresivo, onde o verdadeiro impacto visual se produce trala interpretación da imaxe.

Sé o primeiro en comentar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *