Art at the Interface

Tapio Mäkelä, comisario de arte dixital, debuxa unha liña moi fina entre medios e a creación. Dirixe o ISEA, un enorme evento de arte electrónica. Traballa no m-cult, un centro para promover, investigar e difundir a cultura nos novos medios dixitais. Ten interesantes puntos de vista na interacción entre software social, hacktivismo e arte electrónica e achégame dúas referencias fundamentais.

-Tiziana Terranova –afirma Tapio- fai unha ligazón directa entre a historia da cibernética e a teoría da cultura e da política contemporánea no seu libro Network Culture.

Bótolle unha rápida visual ao abstract do libro. Terranova argumenta que as novas microrredes que crea a tecnoloxía están a piques de crear un novo xeito de facer política. Ollo, non entendamos un novo discurso ou ideoloxía política, senón a invención de tácticas micropolíticas susceptíbeis de deter novos xeitos de control político.

Mäkelä tamén me introduce no traballo de Matthew Fuller, un especialista no deseño de medios e soportes que traballa nestes momentos no software social e especulativo. Fuller publicou Behind the Blip, un ensaio sobre a cultura do software no que autor abunda na relación entre software e suxeito e na confluencia entre arte e interface.

Sé o primeiro en comentar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *