Bizarradas finesas

Non puiden resistirme a publicar “the worst music video EVER“, tal como o definen por estas terras. Definitivamente, non valoramos axeitadamente o ronsel de rubor que deixa a contemplacion dos excesos dos 80 ao longo de todo o continente…Neste caso, da man de Armi&Danny co seu tema I Wanna Love You Tender. Armi conseguiu salvar a vida trala emision e continua animando vodas. En serio. Via Tapio Makela, que tamen se dedica a interesantisimas cousas serias, das que che falarei cando consiga chegar a Santiago.

4 Comentarios

  1. Anónimo
    3 / Maio/ 2006

    E que foi de Danny?

  2. 3 / Maio/ 2006

    Está claro que nada se escapa á vista do grande ollo. XD

  3. Anónimo
    3 / Maio/ 2006

    (Juan Castro di)

    Onte (e dígocho totalmente en serio) soñei
    que estaba nunha cidade desfeita, de tons sepias e ocres onde o único que habia eran tendas en ruinas cheas de televisores nos escaparates. Neles só se emitían vídeos caseiros e chorradas como este vídeo.

    O “Grande Irmán” vixíanos… e colga os vídeos en You Tube

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *