A cultura na percepcion visual

Foi Mario Garcia, o desenhador cubano-norteamericano, quen nos ensinou hai uns anos unha importantisima leccion sobre o bo desenho:

-O desenho dun xornal esta vencellado directamente ao contorno cultural e a climatoloxia.

Para demostralo, Mario despregou xornais de diferentes paises e sitounos nas suas respectivas tradicions culturais. Con facilidade puidemos advertir a exhuberancia forestal nos xornais brasileiros e as luces eternas nas cabeceiras nordicas. Desde aquela, esta idea sempre esta presente cando desenvolvo algun produto xornalistico. Lembreime dela onte. Amoseille aos meus alumnos do Master Nacional de Cultura Dixital de Finlandia ep3, a revista de tendencias de El Pais na web e Google. No seu momento tamen fixera isto cos meus alumnos galegos. A ambolos dous grupos pregunteilles que desenho lle resultaba mais atractivo a nivel persoal:

–Evidentemente, o de EP3 -aseguraron no seu momento os meus alumnos galegos- Google e moi util, pero como paxina non resulta agradabel.

Os fineses dubidaron ao compararen os dous desenhos. Pero remataron respondendo:

–Uf, claramente o de Google. Non molesta e ademais e util.

Ainda que pareza excesivamente salomonico, a minha impresion e que os dous grupos tenhen razon. :-)

Sé o primeiro en comentar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *