Neste pais, os lagos ainda estan xeados e o territorio e coma unha patina branca.
–A primavera retrasou duas semanas -dime alguen.
En Finlandia, levan conta do tempo que tardan as estacions en chegar. A primavera aparece dun dia para outro e con ela o humor, o caracter fresco e toda a luz do universo.
A primavera retrasou duas semanas e iso provoca que os lagos sexan hoxe coma espellos conxelados de frio e que a luz encha todo a todas horas, nun eterno solpor, sempre de canto, sempre estendendo as sombras como alfombras de xeques sobre o tapiz pardo do chan. Esperto, sereno e espabilado, as catro e media da manha, co sol batendo na minha cara e un insolito galo cantando nalgunha terraza. E sintome ben. Tento durmir. As seis da manha xa estou traballando no meu portatil, greludo coma un cativo as nove da manha dun domingo.
-Xa estas a padecer a histeria artica – dime Kimmo morrendo da risa.
E certo. Pero coma sempre, sintome tremendamente tranquilo e ben. No bimotor que me trouxo ata aqui, co atronador ruido das aspas, as garabatas relaxanse e desconhecidos comezamos a bromear entre nos ao caron das cervexas que serve unha azafata especialmente faladoira. So os mudos serian incapaces de arrincar unha conversa neste pais tan estranho. Paso o dia traballando, cos meus amigos. As noites son de ceas en pequenos espazos intimos e cargados de rituais: o silenzo do saudo mentres brindamos unha mestura de vodka e licor de amorodos antes do prato principal, os anaquinhos de ruda e fieito que gabean por uns pratos dispostos coma se foran altas montanhas, pero con antiquisimos xeitos de cocinhar. As conversas son profundamente divertidas: abundan nos chistes dos perifericos, similares dende Galicia ata este pais tan brillante. Conhezo a dramatica historia de Carelia, da man dos fillos dos supervivintes, da que xa che falarei en canto tenha unha boa conexion. E tiramos longas horas conversando sobre infografia: Tapio Mäkelä conhece en profundidade as tradicions xaponesas da imaxineria, Lasse Rantanen foi Premio Nacional de Desenho Grafico o ano pasado e crea librescas ilustracions para o Helsinki Sanomat, Kimmo Lehtonen e Arri preparan a segunda gran bienal fotografica Work in Progress, da que tamen che falarei. As noites fanse curtas, os dias fanse eternos e o pais e unha pura conversa, dialogante, nada impositiva, baseada no conhecemento do outro coma un xeito elegante de perder o tempo na companha de persoas.
Dixenche que me encanta este pais?

Sé o primeiro en comentar