Última actualización o 26 / Abril/ 2006
Por se acaso non tiña nada que facer estes días, mañán métome 4.500 quilómetros entre peito e costas ata Finlandia, onde impartirei dúas conferencias na Universidade de Jyväskylä -tenta pronuncialo, a ver se te atreves- no marco da Spring School on Aesthetic in Electronic Media. Participaremos o químico e crítico cultural Tapio Mäkelä, o ilustrador Lasse Rantanen e máis eu. Esta combinación tan atípica para as nosas hiperespecializadas universidades é habitual na práctica académico-profesional finesa. Aquí combínanse arredor da comunicación xente procedente de áreas de coñecemento e prácticas profesional moi distintas.
O exemplo máis claro é a Ágora, o enorme edificio de I+D de Nokia que está ubicado no centro do campus, no que traballan en común profesores de primaria, filósofos, xogadores de videoxogos, sociólogos, programadores, economistas e enxeñeiros de telecomunicacións. A min tocarame impartir alí dúas sesións: Web publishing as information design e Colour metaphor in web based media.

Deberíamos aprender por aquí de estas iniciativas y filosofía de colaboración.
No he sido capaz de identificarme en el anterior comentario :)
Juan Freire
Sen dúbida, Juan: en determinados ámbitos aínda seguimos bastante en compartimentos estancos. Outros grupos, especialmente nalgunhas áreas de investigación nas Universidades, xa comezan a ver as cousas doutro xeito e multiplican a súa capacidade de produción e reacción.
Hmm… sweet! [*../nice_site2.txt*]
Great looking site so far!! I’m just starting to look around it but I love the title page! Please also visit my site:
Hi man! Your site is cool! Visit my sites, please: