O señor David Rumsey ten devoción pola cartografía. A súa apabullante colección cifrase en máis de 150.000 mapas, que comezou a atesourar nos anos 80 e que van dende litografías do XVIII ata modelos 3D e GIS satélite. O coleccionista decidiu colocar parte da súa vasta colección en liña: máis de 10.000 obxectos, e pagou un riquísimo cliente Java capaz de permitir operar cos mapas a alta resolución. Quen queira, pode comprar reproducións de coidada factura. E se non, todo o sitio está suxeito a unha licenza Creative Commons 2.0 que che permite usar os mapas libres se non tes finalidade comercial. Rumsey fai negocios con isto da cartografía histórica, pero tamén hai moito de desafío persoal e de gusto: pertence a ese gremio de cartógrafos que Miles Harvey retratou en The Island of Lost Maps.
Rumsey cóntao na web doutro grandísimo señor, O’Reilly, un paladín do código fonte.

Sé o primeiro en comentar