Última actualización o 8 / Abril/ 2006

Non me cabe dúbida de que Pandora é un dos mellores inventos da última Internet. Para que non a coñeza: é un reprodutor de música que funciona baixo o sistema de recomendacións. Ti introduces o nome dun artista ou canción que che gusten, e Pandora xenera unha lista de reprodución automática con cancións que van no estilo da inicial, de centos de grupos diferentes que comeza a soar inmediatamente a unha elevadísima cualidade de reprodución. Cando o vimos quedamos pasmados, porque Pandora xustificaba as cancións facendo unha análise detallada do seu contido musical e os resultados eran incríbelmente refinados. O resultado final: un xeito de entrar no vastísimo mundo da música descubrindo novos grupos que poden coincidir cos nosos gustos.
–¿Pero que tipo de banco de datos ten esta xente? –preguntouse un compañeiro.
Partiamos da base de que Pandora era, en realidade, un algoritmo matemático que seleccionaba os temas en función de parámetros de audio. Así ocorre, por exemplo, nun proxecto desenvolvido hai non moito polo CSIC, MusicStrands. Pandora parecía demasiado ampla, demasiado inabranguible. Explorando un pouco máis detidamente ao pai de Pandora, o Music Genome Project, descubrimos algo fascinante:
(Pandora) is the most comprehensive analysis of music ever undertaken. Together our team of thirty musician-analysts have been listening to music, one song at a time, studying and collecting literally hundreds of musical details on every song. It takes 20-30 minutes per song to capture all of the little details that give each recording its magical sound – melody, harmony, instrumentation, rhythm, vocals, lyrics … and more – close to 400 attributes! We continue this work every day to keep up with the incredible flow of great new music coming from studios, stadiums and garages around the country.

Ou sexa, ¡hai 30 tipos catalogando ata 400 variables de cada canción, a man! Unha adecuada programación das consultas do banco de datos fai o resto. E as indicacións puntuais do usuario orientan o resultado. Pandora xa comeza a multiplicarse no hardware. O Squeezebox é un gadget que se conecta directamente á Internet e ao equipo de música da casa e establece un fluxo continuo de música de alta cualidade de acordo coas preferencias do usuario.
Confírmaseme un pensamento: son os músicos e os outsiders os que están liderando os rapidísimos cambios da música e quen está atopando as oportunidades no novo territorio da rede.

Eu tamén alucinei co Pandora, mais logo de falar con outra xente non sei que diferenza ten coa LaunchCast Station que un pode crear en Yahoo Music.
mourullo
Home, na LaunchCast de Yahoo! podes crear emisoras cun número moi limitado de artistas -que habitualmente son aqueles que están nestes momentos de promoción. No Pandora accedes a un banco de datos moitísimo maior e podes montar a emisora a partir de artistas ou de temas musicais concretos, cousa que na LaunchCast creo que non podes facer.
Certo. Thanks a lot.
mourullo