
Pazo dos Soviets. O.Iofan, O.Gelfreikh, V.Schuko. Sculptor S.Merkulov. Unha versión do proxecto aprobado. 1934
A expo Unrealised Moscow no Museo de Arquitectura Schusev en Moscova recolle o cartafol de megalómanos proxectos que as autoridades soviéticas deseñaron para a cidade entre a década dos 30 e dos 50 pero que nunca se chegaron a realizar. Tiven a oportunidade de ver algún ensaio, coma o desmesurado Pazo do Pobo, en Varsovia, de obras deste tipo, agasallado por Stalin ao pobo polaco. Vistos, pola contra, en gravado, os debuxos adquiren certa prestancia de antigo cómic futurista.

O edificio do Comisariado do Pobo de Industria Pesada, A. Vesoin, V, Vesnin, S. Lyaschenko. 1934
Vía Azul Neón

Que bonito.
Dalle un aire ao proxecto de Antonio Palacios para Vigo.
Saudos de Acedre. //eueoseeuu.blogspot.com/
Pois é certo, Acedre, non lle atopara a relación ao principio. De tódolos xeitos, Palacios tiña un sentido das dimensións un tanto máis mesurado. Vendo a maqueta de Vigo que fixo, ¿imaxínaste que diferente sería a cidade, con esa gran avenida rodeada de rañaceos dos anos 30 e avanzando pola chaira en dirección Samil, no canto do actual “gabeo” polos outeiros?