Hoxe, os blogs de ciberxornalismo ferven co redeseño da edición dixital do NYTimes. Permítanme que non me estenda coa nova, porque ando moi apretado de tempo. Teño unha certa percepción: coido que todo o mundo se toma demasiado en serio o cambio, pero que este non é para tanto, chega tarde e é morno de vez. Será por iso que non me entusiasma demasiado como para escribir sobre el. O máis interesante é que parece consolidar tendencias que nos vindeiros anos poderán converterse en estándares de cibercomunicación.
-A carta de Leo Apcar, editor do NYTimes.com
–O tour guiado en flash que fixo o xornal.
–Juan Varela, en Periodistas21.
–Ramón Salaverría en e-periodistas.

Sé o primeiro en comentar